23 feb 2012

TVG | Bós Días: Entrevista a Agenor Gómez, vicepresidente de ADICAE-Galicia

"Hai moita xente que pode ter participacións preferentes e aínda non o sabe"

O vicepresidente de ADICAE-Galicia (a Asociación de usuarios de Caixas, Bancos e Seguros) visita o programa Bos Días onde explica que a dación en pagamento permitiría saldar a débeda da hipoteca co banco coa entrega da vivenda.

Agenor Gómez tamén analiza as opcións que poden ter os máis de cen mil galegos que teñen participacións preferentes. Asegura, ademais, que moitos clientes aínda descoñecen que os seus cartos poden estar afectados por esta situación.