SON AFECTADO, QUE PODO FACER?

PASOS A SEGUIR

Creo que teño preferentes ou subordinadas, ¿como me aseguro?


  • Hai que ir á sucursal da entidade bancaria e solicitar o retiro dos cartos. Cando non permiten facer esta operación estamos ante un problema de preferentes e/ou subordinadas.


Teño preferentes e/ou subordinadas pero non teño a documentación, ou a que teño está incompleta.


  • Hai que solicitar copia dos documentos relativos á compra/adquisición de preferentes e/ou subordinadas.
  • Existen uns modelos normalizados na oficina de "Atención ao Cliente" de Novagalicia Banco (Rúa Payo Gómez, 2-4 na Coruña) para facer a solicitude.
  • Na plataforma existen tamén formularios para poder reclamar estes documentos.
  • É importante, dunha vez cuberta a solicitude, facerlle unha fotocopia e pedir que selen esa copia co cuño do banco no que figure a data na que se reclamou a documentación.


Reclamación dos cartos das preferentes e/ou subordinadas ao banco


  • É importante, antes de emprender calquer outro tipo de acción, reclamarlle a Novagalicia Banco os cartos depositados en preferentes e/ou subordinadas.
  • Na plataforma existen formularios para poder cumprir con este trámite.
  • É importante, dunha vez cuberto este papel, facerlle unha fotocopia e pedir que a selen co cuño do banco no que figure a data na que se reclamaron os cartos.
  • O banco ten un prazo de 2 MESES para responder a petición.


Reclamación á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV)


  • É necesario esperar á resposta que Novagalicia Banco remita sobre a reclamación do diñeiro. Esta resposta tense que ofrecer por escrito.
  • Unha vez recibido este documento, pódese presentar unha reclamación á CNMV (usando o formulario colgado na páxina web da Comisión) adxuntando un texto explicativo do caso particular de cada un e no que quede claro como se produxo a adquisición de subordinadas e/ou preferentes.
  • A resolución da CNMV non é vinculante, só ten caracter informativo.


¿Qué hai da arbitraxe?


  • A arbitraxe é unha vía que á que só poden acudir os afectados polas preferentes.
  • Nesta ligazón explícase detalladamente as características do proceso, vantaxes e desvantaxes.
  • É importante sinalar:
  1. Para solicitar a arbitraxe non precisamos de ningunha documentación, ni tampouco ter feito ningún tipo de reclamación. Aínda que sí é recomendable compilar e adxuntar coa solicitude a maior cantidade de documentos posible.
  2. É Novagalicia Banco a que decide con qué usuarios se quere someter á arbitraxe, pero é o consumidor o que decide ata onde quere seguir por esta vía.
  3. Se o árbitro emite laudo arbitral NON existe posibilidade de recurso ou de iniciar outra vía de reclamación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario